Xuventude

PSOE e BNG se equivocan nas prioridades “gastan en festas para si mesmos, mentres abandonan áreas como Xuventude”

By 29 Novembro, 2024Sin comentarios

Mentres PSOE e BNG pagan festas como a celebrada onte no CEI Nodus, gastando diñeiro en eventos para si mesmos, abandona outras áreas esenciais como Xuventude que carece do persoal e dos medios necesarios para funcionar dignamente.

Un exemplo deste abandono, dun área que debería ser esencial, é o estado no que se atopan as oficinas de Xuventude no edificio Uxío Novoneyra, onde se xestiona un evento tan importante como o Arde Lucus. Estas instalacións, tal e como se pode ver nas imáxenes que adxuntamos, presentan teitos desconchados, humidades e goteiras cada vez que chove.

O máis preocupante é que esta situación non é nova. Desde o ano 2018 existe un proxecto de Evislusa para arranxar estas deficiencias. Con todo, pasaron xa seis anos sen que se destinase un só euro a esta reforma, a pesar de que o Concello contou con 52 millóns de euros de remanentes, fondos que foron malgastados sen atender necesidades tan básicas como esta.

Este comportamento deixa claro que, para este goberno progresista se reparte o diñeiro en función da simpatía dos concelleiros responsables das áreas. O estado das oficinas de Xuventude non só reflicte a deixadez do goberno local, senón tamén a súa falta de compromiso cun segmento de poboación clave para o desenvolvemento de Lugo.

Esta situación de abandono non é exclusiva da Xuventude. O mesmo edificio do Uxío Novoneyra alberga tamén as instalacións da Escola de Música, que presentan problemas similares, como pingueiras nas súas aulas. Estes exemplos confirman un patrón de deixadez na xestión dos recursos humanos e das infraestruturas municipais.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies