Urbanismo

PSOE e BNG votan en contra de que Lugo teña unha praia fluvial e de completar o cinto verde

By 28 Xullo, 2016No Comments

O empate no pleno provocou unha segunda ronda na que o voto de calidade da alcaldesa tumbou a proposición do Grupo Popular para acondicionar unha zona de baño pública no Miño e para arranxar os caneiros.

Castiñeira lamenta a “pouca seriedade” tanto dos nacionalistas como dos concelleiros de Lugonovo que “pediron cambios na iniciativa e logo, unha vez feitos, seguiron a súa folla de ruta de non apoiar a iniciativa do PP”

Os populares que defendían a ubicación dunha praia fronte ao Pazo Universitario matizaron que “estaban abertos a outras opcións” restando credibilidade ao anuncio do PSOE de que “ten previsto facer en vez dunha única praia, varias”. O voceiro popular do Grupo Popular critica que socialistas e nacionalistas “se desdigan, agora, da votación de hai dous anos na que ambos apoiaron a adquisición dos terreos que unen o parque do Miño e do Rato para acondicionar neste tramo unha zona de baño pública.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies