Lugo en marcha

Ramón Carballo presenta o xornal Lugo en marcha cun reparto na praza

By 20 Novembro, 2018Sin comentarios

O candidato do PP de Lugo xunto con concelleiros do Partido repartiron na praza de abastos centos de exemplares dunha publicación titulada Lugo en Marcha e que abre esta edición cunha foto do candidato baixo o titular Ramón Carballo marca o paso.

“A escolla do título Lugo en marcha xa nos da unha pista do seu contido” explicou  alcaldable do PP.  Ramón Carballo invita aos lucenses a reflexionar sobre o momento que vivimos “é un momento decisivo: os gobernos socialistas que estiveron 20 anos ao fronte do Concello non conseguiron desenvolver, nin completar, un proxecto para Lugo. Por iso, é hora de impulsar outra forma de facer política”.

Na carta aberta do candidato, ademáis de presentarse coma un lucense máis e botar unha mirada, en primeira persoa, da súa traxectoria humana e política, invita aos lucenses a participar nun programa de futuro para Lugo “un Lugo que pode ser o que ti queiras” resume.

Nas 12 páxinas desta publicación inclúense unha variedade de contidos “empezando por unha plana con catro propostas de redes sociais e unha tira de humor na que se describe o caos de tráfico que hai na cidade; tamén relatamos con exemplos os catro anos de parálise e déficit de xestión deste mandato de Lara Méndez e presentamos unha análise das grandes necesidades que afronta Lugo no máis inmediato”.

Nas páxinas interiores Ramón Carballo ponse no papel do xornalista e entrevista ao Presidente do PP de G, Alberto Núñez, sobre os investimentos da Xunta na cidade e a actual situación política do municipio.

Outro dos contidos destacados ten que ver coa pegada visual dos actos desenvoltos este trimestre “empezando pola crónica do acto de presentación do candidato á alcaldía o pasado 14 de setembro de 2018, e seguindo polas imaxes das reunións sectoriais, visitas a barrios e parroquias para coñecer as preocupacións e necesidades dos veciños, participando en campañas de concienciación para eliminar barreiras arquitectónicas e tamén na multitudinaria pulpada do San Froilán con simpatizantes”.

A contraportada do xornal é un guiño aos afiliados do partido popular de Lugo a través da experiencia dunha afiliada. A visión de Asunción Núñez é a da entrega e a da fidelidade que caracteriza aos militantes de base. Tal e como recoñece esta muller que leva 25 anos no partido “cando se consiguen melloras para os barrios, esas pequenas contribucións nos animaban a traballar máis”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies