O candidato a la alcaldía de Lugo explica que é preciso renovar o sistema do transporte urbano, xa que o actual “é outro reflexo da falta de xestión” de Lara Méndez, algo que ten como máximo expoñente que a empresa que xestiona o servizo presentou un plan para renovar o servizo hai varios anos, renovación que a alcaldesa se negou a poñer en marcha
Ramón Carballo quere remodelar o sistema de transporte urbano de Lugo para que os lucenses teñan a súa disposición autobuses urbanos “útiles” para moverse pola cidade, unha medida que cómpre tomar de xeito “urxente e inaprazable”.
O alcaldable popular sinala que “é evidente” que dende o Concello “non nos podemos resignar” a deixar pasar máis tempo sen remodelar o sistema de transporte público. Despois de moitos anos nos que a perda de viaxeiros foi unha constante, anos nos que todos vimos como pasaban varios autobuses seguidos pola mesma parada e ata pasada unha hora non había máis buses… “non podemos agardar máis”. “Na actualidade temos un modelo que non se tocou dende hai anos e senón chega un cambio ao Concello os autobuses urbanos seguirán sumidos no fracaso por non ser nin útiles, nin puntuais, nin cómodos nin atractivos”, afirmou.
Ramón Carballo explicou que “nós si que temos un modelo claro e un proxecto para renovar o sistema de transporte urbano”. Cando “cheguemos ao goberno” do Concello de Lugo poremos en funcionamento unha serie de medidas encamiñadas a acadar unha “renovación integral” do transporte público, con medidas como:
- Liñas máis curtas con frecuencias de 10 a 15 minutos que cubran todo o municipio
- Transbordos gratuítos, establecendo puntos que sirvan de nós para facilitar transbordos
- Gratuidade para menores de 18 anos, xubilados pensionistas, parados e familias con escasos recursos
- Creación dunha APP para móbiles para informar, en tempo real, das chegadas de autobuses, frecuencias, enlaces e posibles incidencias no servizo
- Mellorara da información das paradas coa posta en funcionamento dos paneis dixitais e colocación de novos paneis informativos
O candidato popular tamén se referiu á necesidade de redeseñar percorridos dos autobuses para que sexan “máis curtos e atractivos”, mellorando deste xeito as frecuencias de paso, e, ao mesmo tempo que permitan cubrir máis superficie municipal.
O alcaldable popular explica que hoxe “só collen o autobús os que non teñen outra alternativa para desplazarse e temos que cambiar iso”. Mellorando o servizo, con novas rutas e traxectos máis curtos conseguiremos que os lucenses volvan a empregar o transporte urbano. “Falamos de conseguir máis viaxeiros no bus para, deste xeito, sacar vehículos privados das rúas, o que provocará unha mellora da seguridade viaria ao ter menos densidade de circulación”, dixo.
Unha mellora no servizo que tamén ten que pasar pola “modernización e dixitalización”. “É preciso incorporar as novas tecnoloxías para facer máis útil e atractivo o servizo”, explicou Ramón Carballo, que non descara a posibilidade de instalar unha rede inalámbrica wifi nos vehículos, como unha das pedidas a aplicar.