PresupostosTransporte urbano

Rozas acusa ao BNG de “hipocresía” por reivindicar investimentos no tren que eles mesmos non lograron pese ao seu reiterado apoio a Sánchez

By 14 Marzo, 2024No Comments

MARTES 14 DE MARZO DE 2024

 

  • O vicevoceiro popular explicou que o BNG perdeu unha oportunidade de apoiar os orzamento, que si tiñan partidas para o tren, e que tampouco foi quen de negociar con Sánchez estes investimentos cando o fixeron Presidente do Goberno de España.

 

  • Rozas acusounos tamén de falta de coherencia “teñen que ter claro que camiño escollen o da reclamación ou o do apoio a Sánchez, aquí non valen as medias tintas, estanse facendo oposición a eles mesmos e bloqueando e discriminando á provincia de Lugo”.

 

  • Para os populares os nacionalistas nin saben defender a Lugo, nin teñen memoria do que fixo o seu grupo “levan apoiando a Sánchez dende a súa investidura e este os ningunea sen recoller sistemáticamente as súas propostas”

 

  • Enrique Rozas concluía que “roldas de prensa como as de onte só lle valen para intentar lavar a conciencia, porque saben que son un dos grupos políticos que co seu apoio contribúen a que a nosa provincia siga sendo a peor comunicada de toda España”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies