
Reunímonos cos veciños afectados para informarles desta
decisión xa que hai un decreto de hai sete meses (setembro
2024) para que dende o concello se inicie a execución
subsidiaria da demolición da cuberta con fondos públicos e lle
pase logo a factura ao propietario
– Dende o PP poñen riba da mesa esta petición para que “sexa a
Empresa Municpal do Solo a que se encargue da tramitación
deste mecanismo e que se leve a cabo unha actualización do
custe das obras para evitar que a contratación poida quedar
deserta e se lle dé unha solución urxente aos veciños
afectados
O Grupo Municipal do Partido Popular
vén de solicitar a convocatoria dunha xunta xeral extraordinaria de
Evislusa para avanzar na recuperación do edificio situado no número
24 da Avenida da Coruña. O obxectivo é garantir a execución das obras
necesarias para mellorar a seguridade e as condicións de vida dos
veciños, despois de máis de dúas décadas de espera.
Desde o PP apostamos por ser parte da solución e actuar con
responsabilidade. Por iso, tras escoitar as inquedanzas dos afectados,
instamos ao goberno municipal a cumprir co decreto aprobado o pasado
26 de setembro de 2024, que permite actuar de maneira inmediata e
arranxar o tellado con fondos públicos, pasando logo a factura ao
propietario que deixou sen tellado o inmoble. Este mecanismo, coñecido
como execución subsidiaria, permite á administración intervir en
situacións de abandono para garantir a seguridade e o benestar da
veciñanza.
Dende o PP consideramos que urxe actuar xa que o edificio leva anos
sen cuberta, provocando filtracións, humidades e un deterioro
progresivo que afecta tanto aos residentes como aos edificios lindeiros.
Ademais, o risco de desprendementos supón unha ameaza para os
peóns e vehículos que circulan pola zona. A solución existe, só falta
vontade política para aplicala.
Os populares indicaron que non é o único caso de tramitación que se
eterniza no tempo explicando un caso similar cun edificio de Montero
Ríos, onde o goberno local derivan responsabilidades e evita
compromisos claros tal e como se recolle na acta da comisión onde o
PP preguntaba por esta edificación que ten un expediente de ruína
dende 2023 e leva dende hai anos cun balado ocupando parte da
beirarrúa de Montero Ríos. Segundo se nos informou a propiedade
solicitou a execución subsidiaria polo Concello das obras de demolición
e estase nesa tramitación.