#LugoaExameEducación

Suspendemos a xestión do BNG en proxectos estrela como os itinerarios escolares

By 12 Novembro, 2024Sin comentarios

O BNG non ten claras as suas prioridades e acaba incumprindo os seus compromisos

• Para o concelleiro do grupo municipal popular, Javier Vázquez, o anuncio de que os itinerarios escolares seguros está a retrasarse este curso por falta de diñeiro é un intento de xustificar perante a cidadanía o expolio fiscal que veñen de aprobar Alvarellos e Arroxo no concello e o que están a preparar para o próximo ano.
• O Bloque fixo unha aposta mediática para presentar unha iniciativa coma a dos itinerarios escolares seguros que non se corresponde co servizo que efectivamente prestou, do mesmo xeito que fai coa Escola de Música, que segue a estar publicitada aínda que non empezou as clases (nin semella posible que podan empezar).
• Que existan zonas da cidade literalmente empapeladas con propaganda sobor destes supostos servizos, pero non estén a funcionar tras dous meses de curso indica cal é a prioridade do Bloque á hora de xestionar os recursos públicos na concellería de Educación.
• Que Rubén Arroxo entregue o mando da consellería de Educación á que se encarga de xeito tan discutido e discutible da área de Cultura, que tamén inviste máis en propaganda ca en traballo, reflicte que o bipartito segue a considerar máis importante a sua propaganda que a xestión eficiente dos recursos públicos ao seu alcance, que no caso da concellería de educación son maiores ca o orzamento da maioría dos concellos da provincia.
• Que o parque infantil López Mella sega a deteriorarse pola incapacidade do Bloque de cubrir a praza do encargado que se xubilou en 2022, que a Escola de Música non funcione e que os itinerarios seguros dos que tanto se falou non estén en servizo non denota falta de cartos, senon incapacidade de xestión.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies