Sen categoría

Tres colexios de Lugo sen conserxe, a estas alturas do curso, pola falta de previsión e coordinación do PSOE e BNG

By 24 Abril, 2025No Comments

A situación límite que viven neste centros educativos pola deixación de funcións do goberno local levoulles, en sinal de protesta a retrasar das 8.40 ás 9.00 horas o horario de entrada

Desde o Grupo Municipal Popular lamentamos que, un curso máis, o goberno local repita os mesmos erros de sempre. A falta de previsión e coordinación entre PSOE e BNG está a prexudicar directamente á comunidade educativa.

O concelleiro popular Javier Vázquez explicou que o que pasa no colexio Rosalía de Castro non é un caso illado: este curso tamén tiveron problemas similares noutros centros e a día de hoxe ademáis do Rosalía de Castro, no Illa Verde e en Albeiros están sen conserxe.

Esta situación non é nova e podería terse evitado se houbera planificación por parte do goberno bipartito. Os centros están desbordados, os equipos directivos asumen tarefas que non lles corresponden, e as familias sofren as consecuencias cunha conciliación máis complicada.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies