Tras 8 anos de contrato caducado, e logo de que pasasen 14 meses dende que se licitou o contrato seguimos agardando a que o goberno local resolva esta adxudicación. Os populares piden que, unha vez se adxudique este servizo “se actualicen as condicións e que se proceda ao reequilibrio económico para reflexar os aumentos salariais pactados coa patroal para o persoal da limpeza, e que se comece coas negociación para adaptalo a iniciativa que levamos ao pleno”
A concelleira popular Mar Carballas explica que no informe técnico municipal se indica que hai “incoherencias coa oferta técnica, o que faría inviable a execución do contrato nos termos que propón o licitador” considerando “insuficiente a dotación económica que corresponde aos custos de persoal”
Outra cuestión sobre a que reflexionan os populares é que como os pregos son do ano 2023 “non teñen en conta os acordos aos que se chegou recentemente trala folga de limpeza para incrementar o salario aos máis dun cento de traballadores que prestan servizo nas dependencias municipais”
Lamentamos a falta de axilidade para adxudicar un contrato que leva oito anos caducado e dado que as condicións se fixaron hai un ano tampouco incorporan o acordo acadado no pleno, a instancias do PP, para que o persoal da limpeza do Concello teña un convenio propio.
“Non só nos preocupa que non se incorporen as melloras salariais pactadas, senon que tamén queremos saber se o servizo cubrirá as novas dependencias, xa que o custe de limpalas non pode exceder (tal e como figura nos pregos de condicións) do 20% do contrato total. Hai que ter en conta que entre as novas dotacións obxecto do contrato podería sumarse, cando se abra, o novo Auditorio de Magoi, adamais das Caldas, a Casa coliving, o Impulso Verde e a zona de musealización da cloaca e centro social poeta Aquilino Iglesia.
Os populares preguntarán en comisión “se unha vez que se adxudique o contrato de limpeza nas dependencias e Centros de Educación de infantil e primaria se van actualizar os pregos de condicións e proceder ao reequilibrio económico para reflejar os aumentos salariais e cubrir as novas dependencias”.
CONTRATO LIMPEZA
- A licitación deste contrato publicouse na plataforma de contratos do Estado en Marzo de 2023
- Leva OITO ANOS CADUCADO
- Mesa de contratación de febreiro: presentan ofertas 7 Empresas e a que a máis vantaxosa coa mellor relación calidade prezo condicionada a comprobación do Servizo de Medio Ambiente
- Acta 21 de abril 2024 indícase que dan un trámite de audiencia de DEZ días hábiles para que a empresa presenta as alegacións oportunas
- Pasado o prazo neste momento estamos á espera de que se convoque a Mesa de Contración para ver que decisión se toma, e coñecer se houbo alegacións por parte da empresa