Medio Ambiente

Unanimidade na iniciativa para identificar as árbores máis singulares no Rosalía de Castro

By 29 Xuño, 2017No Comments

O Rosalía de Castro é o máis emblemático de todos os parques da cidade e un dos pulmóns de Lugo, o cal ofrece a todos os lucenses e visitantes múltiples opcións en materia de lecer, deporte e cultura, sendo necesario implementar medidas que permitan poñer en valor a protección e conservación das árbores singulares, difundir os seus valores e profundar no seu estudo e na biodiversidade asociados a eles. Nese sentido, unha boa medida, sería a identificación mediante placas das árbores singulares do parque Rosalía de Castro, no que se recolla o nome común e o científico, así como as principais características.

Estas accións poderíanse ampliar a través dun código QR que dirixiría ao usuario a un catálogo dixital, no que estaría almacenado o currículo completo de cada árbore co obxecto de contribuír a fomentar o coñecemento do parque arbóreo urbano.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE, instar ao Goberno Local a que:

Inicie os trámites para a identificación das árbores singulares no Parque Rosalía de Castro a través dun sistema de placas e un código QR.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies