ObrasZona rural

Veciños da zona rural e PP reclaman que o concello axilice proxectos en 12 parroquias

By 22 Abril, 2024Sin comentarios

LUNS 22 DE XANEIRO DE 2024

 

  • O Grupo Municipal do PP mantivo un encontro de traballo coa veciñanza de Teixeiro, San Pedro de Mera, Soñar, Ribas de Miño, Pías, Muxa, Santa Eulalia de Bóveda e Crecente, Bazar, Torible, O Burgo, Santa María de Bóveda para analizar a situación de varias obras nestas parroquias.
  • As actuacións supoñen un investimento duns 178.000 € e permitirán recuperar elementos etnográficos, como fontes e lavadoiros, tamén suporá intervencións de eficiencia enerxética nos locais veciñais ou a creación de parques infantís.
  • Deste tema falarase no vindeiro pleno onde o PP defenderá un ROGO, no que reclama celeridade para que estas obras se poidan levar a cabo e que a veciñanza goce delas á maior brevidade posible.
  • Dende o Grupo Popular apoian á reivindicación das 12 parroquias xa que, no caso dos elementos etnográficos, as obras axudarían a preservar a identidade cultural da zona además de servir como reclamo turístico para os interesados en coñecer a historia das nosas parroquias.
  • Con respecto ás actuacións nos locais sociais é importante renovar espazos que precisaban de intervencións para proporcionar un lugar para as actividades máis cómodo e seguro.Veciños e PP acusan ao goberno local de bloquear ata 12 proxectos da Xunta na zona rural

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies