Persoal

Voceiro e concelleiros do Grupo Popular iniciaron hoxe as visitas aos máis de 600 traballadores municipais

By 5 Setembro, 2017No Comments

O voceiro do Grupo Popular está pendente de que a alcaldesa Lara Méndez “poña data e hora da reunión que lle solicitou o pasado venres para trasladarlle algunhas das propostas do seu Grupo vinculadas coa situación interna do Concello así como con políticas de emprego, urbanismo, mobilidade e mantemento dos barrios”

O voceiro do Grupo Popular, Antonio Ameijide, xunto co vicevoceiro, Enrique Rozas, iniciaron hoxe as visitas ás diferentes dependencias municipais co obxecto de coñecer de primeira man a situación dos diferentes servizos “é importante detectar cales son as necesidades, problemas ou propostas de mellora e, quen mellor que os actores principais para mellorar a organización” salientaron.

Os populares empezaron esta rolda de entrevistas con xefes de servizo, técnicos e administrativos polo departamento de persoal “non é casual que  comecemos por este servizo” matizou Ameijide en alusión “á tensión que se vive neste momento pola situación do persoal municipal con problemas enquistados como son a Relación de Postos de Traballo ou as Ofertas de Emprego Público que seguen paralizadas pola inacción dos socialistas”.

“É necesario mellorar a coordinación do goberno cos distintos departamentos e valorar o traballo que se realiza nos diferentes servizos para que os traballadores municipais tomen a iniciativa” explicou Ameijide quen recriminou “a actitude de pasotismo do goberno local” a quen acusou de “non tomar medidas para mellorar a organización e coordinación dos distintos departamentos mentres que, por outra banda, fomentan mediante  actitudes de amiguismo, a tensión laboral”.

Os populares afirman que pola dispersión física das diferentes unidades e os espazos de traballo onde as persoas prestan os seus servizos e que están repartidos en varios edificios. O programa de visitas se prolongará durante os próximos meses xa que “pretendemos escoitar de forma colectiva e individual a todos os que queiran intercambiar opinións con nós”.

Ademais das dependencias de persoal os populares visitaron hoxe os departamentos de cultura, actas, asesoría xurídica, normalización lingüística.

O voceiro popular Antonio Ameijide tamén avanzou que segue pendente de que a alcaldesa “confirme data e hora da reunión que solicitou o Grupo Popular o pasado venres co obxecto de trasladarlle propostas vinculadas coa situación interna do Concello, así como coas políticas de emprego, o urbanismo, a mobilidade e o mantemento dos barrios. Para o voceiro dos populares a nova deste encontro non debería ser que hai reunións como estas xa que, tendo en conta que a alcaldesa goberna con minoría, o normal sería que buscase os consensos dentro do concello de Lugo e que tivese unha actitude máis dialogante co grupo maioritario da corporación que é o PP”.

De forma paralela os concelleiros populares están participando en diferentes visitas de barrio e parroquias. Para esta semana están programadas sete: en  Montero Rios,  Sagrado Corazón, Piringalla, Castro Gil, San Mamede dos Anxos, Meilán e Esperante.

Na axenda de traballo do voceiro popular Antonio Ameijide destacar que este mércores achegarase á sede nacional do PP para participar nunha xuntanza de traballo con voceiros das grandes cidades de toda España.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies